Que é Bloggit?

É unha actividade para rapaces de 9 a 12 anos que se basea na creación dun “blog” en inglés. Os recursos da biblioteca e das novas tecnoloxías serán as ferramentas para descubrir un mundo de información e diversión. Cada sesión de Bloggit centrarase nun tema e os asistentes poderán participar de forma activa no desenvolvemento de Bloggit.

É necesario recoller invitación para asistir ás sesións nas que interese participar. Pode ser unha ou varias.
¡¡Ven coñecer a Bloggit e atopa unha maneira nova e divertida de aprender inglés e moito máis!!

VOCABULARIO DE BLOGGIT

blog -  páxina web ou sección de páxina web que é un diario “online” e reúne información e imáxes.

online -   en liña (estar conectado na Internet)

username -   nome que se usa cando un esta “online”. É mellor usar un apodo que non mostre datos personais.

post -    entrada nun “blog”

email - correo electrónico.

avatar -  icona dixital ou debuxo que che representa no mundo “online”.

skin -     deseño que se lle da a unha páxina web ou aplicación.

emoticons -  serie de teclas que pulsadas fan unha cara (tamén coñecidos como “smileys”).

forum -     comunidade “online” onde os usuarios len e mandan mensaxes sobre cousas que lles interesan.

spam -      mensaxes non desexadas

tag -         etiqueta que indica o contido dunha entrada ou artículo.

password -  contrasinal

gamer -     persoa que xoga con xogos electrónicos (“online”, PC, xogos de consola) e considérase un experto.

gamertag -   apodo utilizado por un “gamer”

screenshot – capturar a imaxe da pantalla

Create a free edublog to get your own comment avatar (and more!)

3 Comments to “Que é Bloggit?”

  1.   Alejandro M. | February 16th, 2010 at 2:33 pm

    Great initiative, but choosing “blog git” as name is somehow disconcerting.

    [Reply]

    Conchi Reply:

    Thanks Alejandro. I know what you mean about the name but it’s not so easy to find good available blog titles and in Spain the word “git” is not that well known. It’s catchy though!!

    [Reply]

  2.   Elena | February 22nd, 2010 at 11:47 am

    Están correxidos os erros da web Biblioteca Pública da Coruña MGG. Para vir a participar nas sesións que facemos na sala Web da biblioteca é necesario anotarse ben no noso e-mail : bppmgonzalezgarces@xunta.es ben na sala infantil (15 a 20 h.)

    [Reply]

Leave a Comment

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image